Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/13

El libro rojo

Xa sabedes da miña predilección polos álbums sen palabras. Por iso, namoroume esta novidade de Libros del Zorro Rojo, El libro rojo de Barbara Lehman. Un Libro sobre un libro que está agochado para ser topado por un novo lector e que así a historia sempre teña continuidade, que nunca remate. E que supón ler un libro? Viaxar por todas partes, abrir miles de posibilidades, coñecer xente... a historia que propón calquera lectura non ten fin, porque os lectores temos a posibilidade de facela nosa e que a historia medre no noso maxín ata que nós decidamos rematala. Esa é a maxia da lectura. Esa é a maxia que nos propón este libro de imaxes simples e sorprendentes que vos encantará.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.